3 ene 2007

O deber de coñece-lo galego é anticonstitucional?

O governo da Republica Independiente de Soutelo de Montes dará asilo politico a todos aqueles que falen galego.

Carlos Ruíz Miguel, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago, publicou un artigo co título “Nuevo ataque al castellano en Galicia“. Neste artigo afirma, como especialista na materia, que é anticonstitucional que unha lei a nivel galego estableza o deber de coñece-lo galego. Esta afirmación susténtaa no feito de que o artigo 3 da Constitución Española di:
El castellano es la lengua oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla […] Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus respectivos Estatutos.


Deste artigo, Carlos Ruíz Miguel extrae que:
Todos los ciudadanos tienen derecho a usar la lengua castellana (y, por otro lado, no tienen el deber de conocer el gallego –ni el catalán–).

7 comentarios:

Anónimo dijo...

E logo? se eu teño o dereito de usar o galego, o normal sería q todo aquel q traballe nun cargo público teña a obriga de saber responderme en galego, senon onde queda o meu dereito??

Anónimo dijo...

A palabra torpes ouvidos xordos. Hoxe fan catedrático a calquera burra.
Paula

Anónimo dijo...

Temos o deber de conhecer o castelán e o dereito a usalo...(moi o noso pesar!) pero iso non significa ke tenhamos a obriga de utilizalo. Cada un pode elexir libremente en ke idioma expresarse!!!
Polo tanto se o Galego é oficial na Galiza, eu tenho o deber de conhecelo e o dereito a usalo.
Ke se cale xa este pailán!!!

Anónimo dijo...

Esmendréllanme aqueles que precisan ferramentas alleas para existiren; o seu, o propio non lles vale (o galego debe retrotraelos ás noites escuras de frío, á lama, aos toxos... quen sabe o que pasa polas cabezas destes elementos!!) O grave do asunto é que sexa un "catedrático"; e non é o único...

Anónimo dijo...

Eu estou xa ata arriba de oir e ler cousas asoballadoras coma esa.
Busco ghetto onde me refuxiar.
Quen pon a primeira pedra?

Anónimo dijo...

Vai preparando os papeis para recibirme como asiliado político-ligüístico.
Con profesores coma ese sobran as universidades.

Anónimo dijo...

Eu tamen kero sitio nese ghetto.

Ke vergonza de "catedrático"