Hai que empezar dicindo que Soutelo de Montes antes da súa independencia estaba en Galicia. Hasta fai pouco, estabamos considerados como a "aldea máis grande de Galicia", xa que non somos nin parroquia, nin concello.
Últimamente as aldeas están sufrindo un éxodo migratorio cara as cidades. Nos pensamos que en Soutelo algo tamén está pasando.
A Republica Independente de Soutelo de Montes está formada por: Aldeadarriba, Soutelo dabaixo, Soutelo de medio, Vilapouca, Madalena, Sanguñedo, Transdomonte e territorios anexionados (Forcarei, Cerdedo, Beariz,etc.).
As nosas reivindicacións son as seguintes:
- Levantamento da prohibición da matanza do porco.
- Non queremos o euro, nin a peseta, queremos a volta dos "patacos"
Coma non saimos nos mapas, a nosa independencia pasaría totalmente desapercibida pros medios de comunicación e organismos internacionais.
A lingua oficial da Republica Independente de Soutelo de Montes é o "soutelán". O galego, o castelán e o inglés serán oficiais no que respecta ás relacions internacionais.
- A Republica Independente de Soutelo é confesional, sendo os seus patróns San Roque e San Benito de Pardesoa
- O símbolo nacional é o Saljeiro
- O animal nacional é o Porco
- A bebida nacional é o viño con jaseosa.
22 sept 2006
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
1 comentario:
Animus iocandi..e logo non?..que para serios e tesos xa hai moitos.
A seguir, que a terra tamén é vosa.
Publicar un comentario