31 ago 2006

A Lagoa Sacra profanada polo lume

O incendio que comenzou o pasado 11 de agosto na parroquia estradense de Olives e que se extendeu rápidamente ás zoas limítrofes reduxo a cinzas o que era uno dos máis fermosos paisaxes da Republica Independiente de Soutelo de Montes, situada nos territorios anexionados da parroquia de Meabia.
Narra a lenda que perto da Lagoa Sacra librouse unha gran batalla e que nela deronse sepultura aos mortos daquela batalla. Neste enclave natural, sito onde o Concello de Forcarei xuntase co da Estrada e Silleda, foi capaz de resistir a acción violenta dos acaecidos enfrontamentos e de rebelarse ao transcorrer dos séculos; mais non poido ceibarse e resistir á acción desvastadora das lapas que asolaron a zoa aos comenzos de agosto.
O que antes constituía un dos casos máis craros de consagración dun medio lacunar en Galicia, é a día de hoxe e despois do paso do lume, un deserto, un lugar inhóspito no que só se escoita aos corvos. Nin rastro queda daquel característico ecosistema de grande actividade biológica e elevada biodiversidade de especies.
A Lagoa Sacra, cuio nome pode vir segundo algunha hipotesise, da estadia nesta zoa de mesnadas arzobispais no seu paso hacia algún outro lugar, é unha paraxe de meirande riqueza faunística e florística. Nos seus alredores atopanse cheos por campos húmedos con interesantes turbeiras e bosques de umbría. Este grande valor paisajístico e riqueza medioambiental hai que agadirlle tamén a súa riqueza histórica, xa que se atopa ao pe de unha zoa de grande interese arqueolóxico, a Mámoa de Boi Morto.
Esta área está a máis de 700 metros de altura e sen ningún río que a alimente é a principal lagoa de media montaña de Pontevedra. Nos meses de vrau esta lagoa quedase sen auga mais xa xunquera húmeda que queda son moitas as especies animales que viven e pasan o agosto. Cando a choiva fai a súa presencia no inverno é cando se atopan gran cantidad de patos, picas papudas, sisones ou lagarto das silvas. Os indixenas contan que antiguamente non secaba nunca a pesar da súa difícil situación pra recibir rego de auga, pero varios períodos de sequía na década dos 80 conseguen seca-la perante os meses do vrau.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Todo grazas a esta Xunta meu. Hai que roelo.

Anónimo dijo...

Non é "reduxo"; é "reduciu".
S.