9 may 2006

Historias globalizadas

Cóntase pola Terra de Montes que a banda de Avelino Cachafeiro, estivo na inauguración das Olimpiadas de Berlín. Parece ser que isto nunca chegou a suceder pero imaxínense aos gaiteiros de Soutelo de Montes tocando a gaita galega diante de Hitler.
Antes de chegar a Berlín a banda acorda voltar á casa. En España estalla a Guerra Civil e a nosa tráxica plurinación decide retirarse dos Xogos Olímpicos.
A lenda conta que os gaiteiros deciden regresar por Lisboa. Alí disque un polícia lles preguntou se eran "roxos" e a isto eles contestaron: "Non señor, nós somoslle de Soutelo de Montes".
Por iso agora cando na Terra de Montes se fala de política, sóese dicir "Mira, nin duns nin doutros, eu sonche de Soutelo"
Decir que en Soutelo de Montes, celebrase cada ano a festa do Gaiteiro, onde o concello de Forcarei ten a invitar a un político pra ser a seu pregoeiro. No ano 2005 o pregoeiro elexido foi Mariano Raxoi, que debido a centos compronisos de última hora non pudo vir, non sabemos se esta última nova ten que ver cos gaiteiros non tocasen diante do furher?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Como chiste, está moi ben. Como pasatempo para o que non ten nada que rañar, está moi ben; pero para os veciños de Soutelo creo que esta páxina debería parecerlles UNHA MERDA.
SEDE CONSTRUCTIVOS

Anónimo dijo...

Animus iocandi..e logo non..??que para serios e tesos xa hai outros. A seguir!!!